Estamos inmersos nunha realidade complexa na que conflúen cambios vertixinosos con problemáticas anquilosadas que precisan unha resposta integral e integradora. Dende a Pedagoxía e Psicopedagoxía debemos enfrontar propostas que atendan tanto ás situacións conflictivas como ás posibilidades e alternativas latentes na sociedade actual.
APEGA nace como unha asociación preocupada e implicada en dar resposta a estas necesidades sociais dende unha perspectiva socioeducativa e interdisciplinar. Consideramos que esta labor debe ir paralela con un maior recoñecemento social e profesional da Pedagoxía e Psicopedagoxía, coherente coa demanda e esixencias cada vez máis explícitas por parte da sociedade cara á Educación.
Como pedagogos/as e psicopedagogos/as, atopámonos cunha identidade profesional colectiva difusa que precisa o compromiso de todos nós na labor conxunta, cohesionada e consistente de construir unha Pedagoxía Galega con nome propio.
Ante esta situación APEGA constitúese como unha asociación profesional “de” e “para” pedagogos/as e e psicopedagogos/as. Como un lugar de encontro, intercambio e participación na construcción e articulación da Pedagoxía e e Psicopedagoxía que queremos.
Órganos da Asociación
- Xunta directiva
- Presidente: José Manuel Suárez Sandomingo
- Vicepresidenta: José Carlos Otero López
- Secretaria: Noelia Roel Barbeito
- Tesorera: Nuria María Mariño Puga
- Vocal 1: Mercedes Agulleiro Outes
- Vocal 2: Nieves Argibay Sampedro
- Vocal 3: Susana Lebon Rivas
- Vocal 4: Lucia Maquieiro Caeiro