O RINCÓN DOS DÍAS SINALADOS: 17 DE MAIO
ende o ano 1963, e xa van 60 anos, en Galicia celébrase o día 17 de maio o DIA DAS LETRAS GALEGAS para homenaxear cada ano, a proposta da Real Academia Galega, a un escritor/a que adicou a sua obra a ensalzar a nosa lingua.
Grazas a intensos traballos da Real Academia Galega, de escritores e defensores en xeral da nosa lingua hoxe recoñécesvalor da Lingua Galega e se fala con total normalidade en toda a comunidade autónoma de Galicia.
O longo destes 60 anos celebrando o DIA DAS LETRAS GALEGAS, foron outros tantos os escritores galardonados que, por razóns de espazo, non imos a relacionar a todos pero si destacar que a primeira homenaxeada foi Rosalía de Castro (1963), seguíndolle Castelao (1964), Eduardo Pondal (1965) e así un total de 55 homes e 5 mulleres: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).
No ano 1998 dedicóuselles de forma conxunta o Día das Letras Galegas aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho.
Aínda que a gran maioria dos autores homenaxeados naceron en Galicia, temos alguns casos que naceron fora de Galicia coma o rei Alfonso X o Sabio, homenaxeado en 1980, que naceu en Toledo, pero escribía en galego-portugués e María Vitoria Moreno, homenaxeada no ano 2018, que naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres, pero que en 1963 trasladouse a vivir a Pontevedra e Frei Martín Sarmiento, homenaxeado no ano 2002, que era de Vilafranca do Bierzo.
Dende o ano 1991 o DIA DAS LETRAS GALEGAS é día festivo en toda Galicia para que todos/as os galegos/as poidan participar nas numerosas actividades que se programan polas diferentes institucións públicas e privadas.
Este ano galardónase precisamente a un dos impulsores do DIA DAS LETRAS GALEGAS e un dos fundadores da Editorial Galaxia, ademais de numerosos traballos literarios, Francisco Fernández del Riego que ademais coincide co seu 110 aniversario.
O DIA DAS LETRAS GALEGAS está cargado de actividades dentro e fora do ensino: concursos, traballos artísticos, mostras, música, teatro, deporte, etc.
CONCLUSIÓN:
Despois de moitos anos escuros para a Lingua Galega, co nacemento do DIA DAS LETRAS GALEGAS e grazas o traballo de moitos galegos e galegas, prodúcese un rexurdimento e unha recuperación da nosa lingua e da nosa literatura.
¡FELIZ DIA DAS LETRAS GALEGAS PARA TODO E TODAS!
Fuente: Carriola