Andrea Asociación: As nosas novas (Decembro 2014)
Un ano máis a Asociación ANDREA e a Deputación de Ourense subvencionan os Programas de Estimulación Multifuncional Asistidos con Animais para colectivos con necesidades espe-ciais. Nesta ocasión foi a Asociación ARELA outra das entidades que se beneficiou deste programa te-rapéutico.
ARELA é unha Asociación dedicada ao desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galiza en situación de desprotección e/ou conflito social. Concretamente realizouse a intervención con oito usuarios e usuarias do piso de acollida que a Asociación ten en Allariz, no que conviven estes adolescentes, con catro educadores/as, que por mor dunha situación de desamparo, están baixo tutéla da administración(Xunta de Galicia) ou asume temporalmente a súa custodia.
Dadas as características destes usuarios, o Programa Terapéutico Asistido con Asnos, dirixiuse fundamentalmente a incrementar a autoestima e con-fianza dos participantes, mellorar a xestión das emocións, mellorar as súas capacidades de interrelación e empatía, así como as súas capacidades de afrontamiento e resolución de situacións conflictivas.