SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO
O SPE é un servicio que cumpre a función de intermediación no mercado laboral, como ferramenta para loitar contra o desemprego en Galicia.
Pode facer uso del calquer demandante ou ocupado que desexe melloralo seu emprego e calquera empresa que oferte un posto de traballo.
Inscripcion de solicitude de emprego no SPE:
Debes dirixirte á Oficina de Emprego que che corresponda, segundo o teu distrito postal, donde che informarán e facilitarán o documento de solicitude. Poderás solicitar traballo en máis dunha ocupación. Tamén podes chamar ó 902125000
Unha vez feita a solicitude, quedarás inscrito para participar e beneficiarte dos servicios que o SPE ofrece para para a inserción laboral.
Mediante unha entrevista personal obterase información adicional á presentada na solicitude.
Deberás acompañar á solicitude os seguintes documentos:
- DNI, Tarxeta de Identidade ou Pasaporte en vigor, se eres español ou membro da UE.
- Autorización de traballo/residencia en vigor, se non eres traballador comunitario.
- Cartilla/Tarxeta da Seguridade Social, se traballaches anteriormente en España.
- Xustificante da titulación profesional ou académica.
- Certificado de minusvalía no seu caso.
Observacións a seguir polo demandante de emprego:
- Debes renovar a demanda de emprego nas datas indicadas pola Oficina do SPE
- Debes presentarse na Oficina do SPE cando te citen.
- Debes comunicarlle á Oficina do SPE as variacións que se produzan nos teus datos persoais e profesionais.
- Debes comunicarlle á Oficina do SPE o resultado das entrevistas de emprego que realices.
“É importante que cando se acude a Oficina de Emprego Público de Galicia ese soliciten ocupacións, axustar ó máximo as posibles ofertas de empregoás que se opta como candidato. Os demandantes poden solicitar ata 6ocupacions. Entre as saídas ás que pode optar un pedagogo están, entreoutras, as de:
- FORMADOR DE FORMADORES. (E INTERESANTE CONTAR CO CURSO DE FORMADOR DE FORMADORES)
- ORIENTACIÓN PROFESIONAL PARA A INSERCIÓN.
- TÉCNICOS DE EMPREGO E INSERCIÓN SOCIOLABORAL.
- AXENTE DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL.
- AXENTE DE IGUALDADE.
- ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL.
- ANIMADOR GERIÁTRICO.