Programa de promoción educativo-deportiva
As actividades físicas e deportivas da Era Moderna comezaron a cimentarse a partir do "espírito do deporte inglés", entendido como unha forma de concibir e de practicar a competición deportiva baseada nunha gran corrección ética que xurde dun "impulso interior". Este espírito deportivo ven a se-lo motor que impulsou a xénese e desenvolvemento do deporte actual, en tanto que deu lugar á necesidade dunhas regras que creadas e aceptadas universalmente sen case modificacións; a unha organización do deporte onde se distinguiu dende o principio entre as categorías de «profesional» e de «afeccionado»; ó establecemento de regras de entrenamento; e, sobre todo, a unha forma de entende-la súa práctica e o espectáculo deportivo -conceptuada baixo a expresión «fair play» (xogo limpo)- que require unha aprendizaxe moral e que vai máis alá das cuestións meramente técnicas, normativas ou de organización.
Un servicio publico para a calidade de vida dos cidadáns
Hoxe como onte segue a práctica deportiva a ser unha necesidade intrínseca de tódalas persoas, máxime na etapa da xuventude. Pero existe ademais da dimensión fisiolóxica e biomecánica, unha dimensión propiamente cultural que abarca os significados e sentidos do deporte como factor de integración social e desenvolvemento comunitario, elemento altamente educativo e estimulante da creatividade e beneficioso da saúde, entre outros aspectos. Así é como actualmente se consideren ás actividades físicas e deportivas: un servicio publico que eleva a calidade de vida dos cidadáns. E como tal servicio público debe ofertarse ó maior maior número de persoas posibles a fin de que aproveiten os múltiples beneficios que estas actividades lles poden brindar.
Os eixos centrais da proposta do Programa de Promoción Educativo-Deportiva que estamos a presentar pasan por dúas estructuras fundamentais como son a Escola e o Concello, e a non menos importante da asociación deportiva de primeiro grado ou club deportivo, fin último deste proxecto e base do traballo da figura do dinamizador educativo-deportivo.
A realidade é terca ó indicarnos que non hai unha práctica masiva do deporte máis alá da escola. A nosa sociedade carece de obxectivos a medio e longo prazo e, polo tanto, da continuidade suficiente para volcar a aprendizaxe cara outros programas; o deporte como hábito social atópase aínda pouco difundido, e nunha sociedade sedentaria, como a nosa, é imprescindible potencialo senón queremos que os riscos para a saúde dos cidadáns e para a dispensa de medios económicos de que deberá dispoñer no futuro esa sociedade para financiar os seus instrumentos paliativos sexan esgotadores.
As administracións públicas municipais no desenvolvemento deportivo.
É preciso facer unha pequena referencia a unha serie de aportacións de distintos organismos que poden facernos de marco teórico sobre o rol que lles corresponde as administracións públicas municipais no desenvolvemento das actividades físicas e deportivas. Así:
- O Consello Internacional para a Educación Física e o Deporte (México 1968) dixo que “corresponde ós poderes públicos favorecer o desenvolvemento do deporte como parte integrante da educación e a cultura, respetando a súa liberdade e rexeitando toda discriminación social, política, racial ou relixiosa”.
- A Carta Europea do Deporte para Todos (Bruxelas 1975) expón que “a función dos poderes públicos é complementaria, e debe consistir no apoio ás acciones privadas en proveito de todos, e na creación de condicións que favorezan a práctica do deporte polo maior número posibles de individuos”. á vez que matiza que "O deporte debe ser unha parte integrante dos programas de desenvolvemento cultural, educativo, social e de saúde”.
- Para non alargar mais estas consideracións, concluiremos co que se sinala na Carta Internacional da Educación Física e o Deporte para Todos (Roma 1978): “Todo ser humán ten o dereito fundamental de acceder á educación física e ó deporte, que son indispensables para o pleno desenrolo da súa personalidade” e tamén ten o "dereito a desenvolver as facultades físicas, intelectuais e morais por medio da educación física e o deporte deberá garantizarse tanto dentro do marco do sistema educativo como nos demais aspectos da vida social” aspectos que, según di o seu artigo 9.1 “os poderes públicos deben favorecer a través das actividades físicas e deportivas, con valor educativo máis manifesto". A súa intervención debe consistir en facer aplica-las leis e os regramentos, así como "prestar axuda material e tomar medidas de promoción, de estímulo e control”
Posta en marcha do Programa de Promoción Educativo-Deportiva.
Neste contexto, e dende a Asociación APEGA, é onde consideramos necesario poñer en marcha o Programa de Promoción Educativo-Deportiva,aproveitando dúas circunstancias significativas:
Dunha parte, a relevancia dada pola propia Deputación Provincial da Coruña ó tema deportivo que foi manifestada a través da petición dun estudio ás Universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela para investigar cales eran as demandas e as necesidades actuais dos concellos da provincia nos temas deportivo, cultural e de xuventude, e a fin de adecua-las futuras intervencións e rendibilizar as inversións. Deste estudio extráense, entre outras moitas consideracións, ás seguintes:
- "No 35,5% dos concellos de A Coruña non existe a figura do técnico na área de Deportes". Os técnicos existentes están con contratos temporais e posúen unha formación diversa, a maioría son animadores ou monitores (p. 238).
- "A financiación da área de deportes depende en gran medida das aportacións de outras administracións (Deputación e Xunta de Galicia) e dos orzamentos municipais, sendo reducidos os ingresos xerados de cuotas dos usuarios, aluguer de instalacións, etc." (p. 238).
- "A concepción técnico-competitiva predomina nas tipoloxías de actividades municipais, se ben a filosofía do Deporte para todos ten experimentado un avance considerable, coa proliferación de propostas deportivas recreativas, participativas e socializadoras" (p. 238).
Destas reflexións extráense no estudio as seguintes conclusións sobre as necesidades deportivas:
- " (finanzamento, asesoramento técnico, etc.) aqueles programas enfocados ó deporte para todos, os centrados na promoción da saúde e no axeitado disfute do lecer.
- Basandonos no dereito fundamental de asociación, recoñecido no articulo 22 da Constitución, respecto ó cal os poderes públicos non poden permanecer á marxe, levaremos a cabo un proceso de intervención en zonas determinadas, co fin de asesorar e favorecer a creación de entidades sen ánimo de lucro, que planifiquen e leven a cabo actividades deportivas o longo deste e dos vindeiros anos.
- Establecemento dunha forte rede asociativa que permita a supervivencia o longo do tempo das actividades.
- Asesoramento as asociacións xa existentes sobre da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociación.
- Asesoramento na normativa fiscal aplicable (especialmente a lei do mecenazgo e as leis fiscais xenerais) e as Normas de Adaptación do Plan Xeneral de Contabilidade.
- Creación dun centro de recursos (propostas didácticas, material deportivo pouco convencional, documentación, …) que permita ós municipios máis pequenos ampliar e diversificar as ofertas de actividades predominantes." (p. 246)
Outro dos piares da elaboración do Programa de Promoción Educativo-Deportiva é a proxección pedagóxica que se lle debe dar ó deporte, sobre todo dende o punto de vista xuvenil. Quere isto dicir, que así como a actividade lúdica na infancia é a recreación da actividade dos adultos á medida dos nenos, a actividade deportiva na xuventude ten un valor vital para a representación dos roles de cohesión e de cooperación trascendentais para a etapa da madurez.
As capacidades de liderazgo, gregarismo, iniciativa, etc. son afíns a actividade deportiva e crean ese espírito de loita e de xogo limpo do que falamos máis arriba, e tan necesario para unha sociedade que está levando a cabo, pouco a pouco, unha transformación do cuantitativo (lucro) ó cualitativo (solicaridade).
Obxectivos do Programa de Promoción Educativo-Deportiva
|
Metodoloxía:
O noso enfoque atopase dirixido fundamentalmente a manter unha estreita colaboración cos concellos, ó ser éstes os que teñen entre as súas funcións as de posibilitar institucionalmente unha elevación da calidade de vida dos seus cidadáns a través das actividades deportivas e recreativas.
As actividades físicas son entendidas, neste contexto como un servicio público, tanto polos gobernantes como polos cidadáns, servicio que debe ser plural e nun enfoque de interculturalidade e igualdade, para poder achegar a tódolos sectores, partindo dos escolares ata ós federativos; sen trata de competir coas asociacións deportivas, senón traballando en conxunto para un único fin: elevar o nivel deportivo e a calidade cultural da poboación infantoxuvenil da zona, e por extensión de tódolos seus cidadáns.
O enfoque completase ca concepción do deporte, educación física e recreación como medio un formativo-educativo, e en definitiva un maior medio para forxar nos futuros homes e mulleres da nosa sociedade valores culturais permanentes.
Temporalidade
Este programa, nesta primeira andaina, vai ter carácter experimental, polo que se planea coma un programa de corta duración pero que terá continuidade, se os resultados acadados son satisfactorios para tódalas partes implicadas, en vindeiros anos.
A xénese da parte práctica do programa situariámola no 1º trimestre do curso escolar 2004-2005: do 1 de Setembro ó 1 de Decembro de 2004). Mentres que a parte da preparación práctica podería ser acometida entre os meses de xuño e setembro de 2003. Inicialmente prevese a duración dun mes, aproximadamente, para a toma de contacto cos axentes implicados e os dous meses seguintes para o estudio das necesidades e carencias, e para concretar o programa a desenvolver en cada zona ou concello. Os tres últimos meses serán os de acción práctica.
As áreas xeográficas escollidas serán, para a fase experimental determinadas en base a unha serie de circunstancias específicas que as diferencie do resto. Estas características serían as seguintes:
- Non dispoñer dun técnico especializado en Educación Física responsable da área de Deportes.
- Dispersión da súa poboación,
- Contar cunha superficie territorial e modos de vida diferentes.
Pautas de traballo
- Coordinar os recursos da zona.
- Server de enlace entre o Concello e os centros educativos en materia de actividades deportivas.
- Deseñar unha oferta educativa capaz de satisfacer a demanda mediante un proceso creativo permanente e dinámico.
- Difundir entre os nenos e adolescentes, unha cultura do deporte e das actividades físicas que lles permita visualizar os beneficios que estas teñen como medio de prevención en problemas de saúde, como factor educativo e como estímulo para o desenrolo de aptitudes de superación persoal.
- Favorecer o deporte e a práctica das disciplinas físicas formativas (na poboación infantil e xuvenil) dentro das normas preestablecidas orientadas a xerar valores morais, cívicos e sociais.
- Fomentar o asociacionismo deportivo infanto-xuvenil.
- Deseñar un programa adaptado á realidade para formar futuros axentes do sistema educativo- deportivo.
Materiais a crear:
- Elaboración dunha guía para a inscrición dunha asociación no rexistro, que respondería a preguntas do estilo de:
- ¿Por qué as asociacións deben de inscribirse no Rexistro?
- Prazo de inscrición
- Lugar de inscrición
- Documentación a entregar
- Modelos de impresos
- Elaboración dunha guía para a modificación dos datos dunha que xa figuran no rexistro.
- ¿Qué datos deben de figurar no rexistro?
- Prazo de modificación
- Lugar de modificación
- Documentación a entregar para a modificación dos datos do Rexistro
- Modelos de impresos e documentos.
Actividades a realizar:
- Xornadas de fomento do asociacionismo deportivo
- Ciclo de charlas polos colexios sobre as vantaxes de estar asociado
Orzamento
A previsión de gasto farase fundamentalmente en dous conceptos: pago de salarios desprazamentos para reunións, tomas de contacto, coordinación, etc….
La atenciуn de la salud es suntuosa, y ciertos pacientes no pueden obtener medicinas que necesitan. Algunos remedios se utilizan para prevenir las infecciones de odo en personas con sistemas inmunolуgicos dbiles causados ??por enfermedades como el SIDA. As que es importante hablar de azitromicina vademecum. їEs posible prevenir la DE? Kamagra es un medicamento recetado usado para tratar la inhabilidad de obtener o mantener una erecciуn. Nuestro artculo cuenta m’s sobre la evaluaciуn de la disfunciуn erctil y . El asunto m’s importante que usted necesita buscar es . Varias prescripciones bien conocidas pueden significar vomitar con su orgasmo. En segundo lugar Kamagra tambin puede usarse para tratar otra queja segn lo determine su farmacutico.