CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 16º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 17º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios que teñan polo menos 1 ano de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos.
Artigo 18º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación.
Artigo 19º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interés económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elexiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metade. No primeiro turno serán renovados o Vicepresidente, o Tesoreiro e un Vocal e no segundo, o ano seguinte, o Presidente, o Secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos do segundo turno de renovación durará 1 ano mais. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por transcurso do prazo para o que foron elexidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senon que deberase facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor ou ben esperar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un sustituto se se trata de renuncia voluntaria.
Artigo 20º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral, fixa-las cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.
Artigo 21º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 22º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.
Artigo 23º.- A Asamblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 24º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 25º.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas Ordinarias e no domicilio dos asociados para as Asembleas extraordinarias.
Artigo 26º.- Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
1. Aproba-la acta da reunión anterior.
2. Aproba-lo plan de actividades.
3. Examinar e aproba-la memoria de actividades.
4. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
5. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
6. Exame e aprobación das cuotas.
Artigo 27º.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
1. Modifica-los Estatutos da Asociación.
2. Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.
3. Aproba-la federación con outras Asociacións.
4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5. Acorda-la disolución da Asociación.
6. Designa-los/as liquidores/as.
7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8. Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.
9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.
10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación.
11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 28º.- Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.
Artigo 29º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 27, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asignara o/a Presidente, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioria.
Artigo 30º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día se procederá, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluido o que se levantará a sesión por parte do Presidente.
Artigo 31º.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 32º.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:
a) Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
b) Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordea-los pagamentos acordados validamente.
d) Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
e) Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, sustituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 33º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle asi mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Ó Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 34º.- O Tesoreiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en tódalas operacións de orde económico.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupostario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estén a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.
Artigo 35º.- Os Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:
1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
La atenciуn de la salud es suntuosa, y ciertos pacientes no lata obtener los medicamentos que necesitan. Algunos remedios se utilizan para prevenir las infecciones de odo en personas con sistemas inmunolуgicos dbiles causados ??por enfermedades como el SIDA. As que es importante hablar de azitromicina vademecum. їEs posible prevenir la DE? Kamagra es un medicamento recetado usado para tratar la inhabilidad de obtener o mantener erección. Nuestro artculo cuenta m’s sobre la evaluaciуn de la disfunciуn erctil y . El asunto m’s importante que usted necesita buscar es . Varias prescripciones bien conocidas pueden significar vomitar con su orgasmo. En segundo lugar Kamagra tambin puede usarse para curar otra queja segn lo determine su farmacutico.