CAPÍTULO II: DOS SOCIOS
Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación tódolos Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia que compartan as inquedanzas dispostas nos fins desta asociación.
Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
2. Poder elexir e ser elexidos para cargos directivos.
3. Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
4. Disfrutar de tódolas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
5. Ter copia destes Estatutos.
6. Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
7. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
8. Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación.
9. Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
2. Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.
3. Asistir ás Asembleas Xerais.
4. Satisface-las cuotas que se establezan.
5. Observar unha boa conducta individual e cívica.
6. Cumpri-los acordos da Asamblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 11º.- Os asociados e asociadas honorarios non interverán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 12º.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 13º.- A condición de asociado pérdese:
1. Por vontade propia.
2. Por falta de pago nas cuotas.
3. Por realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación.
4. Por expediente disciplinario.
Artigo 14º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.
Artigo 15º.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito.
A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cuota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.