¿Galescolas?
O sistema educativo español naceu a mediados do século XIX coa Lei Moyano (1857). A preparación de dita lei correu a cargo do asturiano José de Posada Herrera, sabio profesor que conseguiu pasar á posteridade grazas aos seus alumnos, que editaron os seus apuntes co título de Lecciones de Administración. Este xurista, considerado o pai do Dereito Público español, tivo unha gran relevancia parlamentaria nunha época que foi moi convulsa politicamente, pero na que chegou a ser elixido presidente do Congreso dos Deputados por unanimidade. Proba da súa valía é o progresismo co que interpretou a posta en marcha da escolarización nacional, á que lle deu carácter de obrigatoria e gratuíta, algo tan utópico que non se chegaría a acadar ata máis de cen anos despois.
A esa primeira pedra lexislativa seguíronlle outras que a foron validando e fixando o que ían ser os perfís do noso eido educativo actual. Hoxe, a educación non é considerada desde o punto de vista restritivo, isto é, extensible a tódolos nenos e rapaces ata que poidan iniciar unha vida laboral e social responsable, senón desde un contexto amplo en canto que debe abarcar toda a vida da persoa nas súas diferentes áreas. É dicir, pasouse do concepto de educación escolar ao concepto de educación permanente.
Pero a teima da ampliación da escolarización obrigatoria e gratuíta ata os primeiros anos é algo que parece ser difícil de levar a cabo. A obrigatoriedade escolar dos catorce ata os dezaseis anos foi feita con relativa facilidade: só tiveron que transcorrer os vinte anos que separaron a aprobación Lei xeral de educación (1970) e a da LOXSE (1990). Non obstante, segue a resistirse a súa expansión entre os 0 e os 6 anos. E isto, aínda despois de promulgar dúas leis máis, como son a LOCE (2002) a LOE (2006).
Así as cousas, esta primeira etapa infantil está subdividida na lexislación educativa actual en dous ciclos. Un que abarca desde os 0 ata os 3 anos e outro que vai dos 4 aos 6, pero que son tratados de forma diferente na realidade. Antes da LOXSE, esta etapa era considerada como un período único denominado preescolar, e que era desenvolvido nuns espazos coñecidos como garderías onde se atendían os nenos cando as súas familias non podían facelo, por medio de xogos e outras actividades, principalmente de carácter lúdico.
Hoxe, o ciclo dos 4-6 anos xa é considerado como propiamente educativo e, polo tanto, incluído dentro do espazo escolar, aínda que mantendo unhas caracteríscas específicas a nivel de currículum, profesorado, dinámicas, etc. Non obstante, o ciclo de 0 a 3 anos segue sendo considerado como preescolar en Galicia e noutras comunidades, onde, ademais o executan organismos non educativos, como é no caso galego da Secretaría de Igualdade. Con isto estase a contradicir os preceptos definidos pola LOE que asignan as competencias sobre os ciclos infantís ás administracións educativas.
Desde o pensamento educativo, isto é un agravio, xa que en lugar de atender as circunstancias educativas dos nenos o que se está a facer é unha simple custodia, máis ou menos educativa, pero onde a súa primeira finalidade é a de darlles liberdade aos seus pais para que concilien a súa vida familiar e laboral. Deste xeito, o neno pasa de ser o suxeito activo dun servizo que debería ser educativo a ser un suxeito pasivo no que o importante son os pais e as súas circunstancias.
O usuario da escola infantil é o propio neno. El é o suxeito que hai que educar, máis alá da conveniencia de mantelo atendido para que os pais poidan dedicarse aos seus quefaceres. A escola debe encher, en boa medida, todo o período de formación extrafamiliar, sobre todo na etapa infantil. Por iso, non só estamos a falar de xogo e divertimento, senón doutras actividades que deben ser aproveitadas para facelo evolucionar nas súas capacidades, á vez que ser preparatorias para a súa vida escolar, social e persoal posterior.
Este tipo de institucións manifestan en Galicia outros defectos xa que se lles chama galescolas cando non deberían recibir este nome por estar apartadas do sistema escolar. E, por outra banda, si son escolas galegas ¿que lles quedan ás demais que non levan ese atributo?
Na normativa dos servizos sociais galegos anterior á LOE éstas foran cualificadas como centros de atención á infancia, algo que parece máis acorde co servizo de atención que lles prestan aos pais, pero tras a homologación do seu persoal como propiamente educativo e a súa asimilación á normativa educativa vixente o paso a dar tiña que ser cara a unha oferta escolar e non de servizos sociais.
Nun tempo en que sabemos que a estimulación precoz nas primeiras etapas da vida fai que as seguintes sexan máis fructíferas, parece unha perda de tempo e de potencialidades que se siga a considerar a educación da primeira infancia desde unha
perspectiva limitada. A nosa sociedade debe ponderar aínda moito máis a educación da infancia xa que só así contribuirá a facer máis enriquecedora a vida dos nenos e das nenas.
E iso debe facelo, por unha banda, solicitando que a súa educación sexa prestada por profesionais cualificados, e exercida en establecementos axeitados ás súas caracteríscas e dotados dos medios necesarios para a súa atención e educación, e, por outra banda, que os propios pais cumpran coa súa labor educativo de forma plena e responsable.
Só así a educación vai ter como centro de atención o neno e non vai ser considerada como un medio para conseguir outros fins que a desvirtúen.
La atenciуn de la salud es suntuosa, y ciertos pacientes no pueden obtener medicinas que necesitan. Algunos remedios se utilizan para prevenir las infección de odo en personas con sistemas inmunolуgicos dbiles causados ??por enfermedades como el SIDA. As que es importante hablar de azitromicina vademecum. їEs posible prevenir la DE? Kamagra es un medicamento recetado usado para tratar la inhabilidad de obtener o mantener una erecciуn. Nuestro artculo cuenta m’s sobre la evaluaciуn de la disfunciуn erctil y . El asunto m’s importante que usted necesita buscar es . Varias prescripciones bien conocidas pueden significar vomitar con su orgasmo. En segundo lugar Kamagra tambin puede usarse para tratar otra queja segn lo determine su farmacutico.