Convenio coa Universidade de Vigo
O 24 de xullo do 2004, APEGA asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo en virtude do cal ámbalas dúas partes se comprometen a realizar toda unha serie de actividades conxuntas tales coma o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización e realización de todo tipo de actividades académicas ou o intercambio de publicacións e traballos de investigación. Igualmente, o convenio contempla a posibilidade de que os alumnos dos últimos cursos das Facultades, Escolas Universitarias e Centros Adscritos á Universidade de Vigo poidan realizar prácticas formativas na nosa Asociación.
A primeira colaboración levada a cabo entre as dúas entidades foi a Xornada de Mediación de Ourense.