Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela
O 15 de marzo do 2004, o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela asinou un convenio coa Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (APEGA). Un acordo que ten por obxecto servir de vía de acceso a través dun programa de prácticas- ó mundo laboral os futuros titulados da USC.
A base deste convenio radica no enriquecemento e as aportacións que poidan recibir mutuamente ámbalas dúas partes implicadas: os alumnos e a propia Asociación. Estas prácticas están dirixidas a tódolos estudiantes de Facultades, Escolas Técnicas Superiores e Escolas Universitarias pertencentes á USC, que teñan superado o 50% dos créditos da súa formación específica ou, no caso dos Planos de Estudos non reformados, que estean matriculados nos dous últimos cursos de carreira.O convenio fixa, ademáis, a duración do período de prácticas que deben estar entre as 120 e 500 horas.
Na actualidade, APEGA ten convocada unha praza para o seu Gabinete de Prensa e outra para a súa Área de Informática, caracterizadas, en ámbolos dous casos, pola flexibilidade coa que contan o/as alumno/as para levar a cabo as funcións que se lles asignan. En vindeiras convocatorias, a Asociación pensa abri-las súas portas a estudantes universitarios vinculados a outros campos e que desexen manter experiencias dentro dos seus ámbitos de actuación.