Convenio de APEGA con UNICEF
A Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia ten entre os seus obxectivos:
Impulsar a creación dos instrumentos necesarios que faciliten o ordenamento do exercicio da Pedagoxía.
- Potenciar o recoñecemento social da labor dos pedagogos e pedagogas.
- Elaborar, organizar e divulgar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos pedagogos e pedagogas a través de xornadas, cursos, intercambios de experiencias, investigacións científica,etc.
E pola súa parte, UNICEF persigue, os seguintes obxectivos:
- Impulsar o efectivo cumprimento dos dereitos da infancia en todo o mundo.
- Promover o dereito o nivel más alto de saúde, educación, protección das nenas e os nenos, tal e como se recoñece na Convención sobre os Dereitos do Neno.
- Elaborar materiais para a sensibilización e respeto dos dereitos da infancia.
- Elaborar estudios e realizar investigacións sobre a cooperación ó desenvolvemento e sobre materias que teñan relación co efectivo cumprimento e extensión dos dereitos da infancia, e polo tanto, da Convención dos Dereitos do Neno.
- Coñecer da situación dos dereitos dos nenos na comunidade Galega.