VII Xornadas interxeracionais rurais
Organizador: Asociación de Veciños de Cabreiros, Concello de Xermade e Universidade de Santiago de Compostela
VII Xornadas interxeracionais rurais
Lugar de celebración: Cabreiros
Data – Duración: 28 de maio-11 de xuño
Datos de contacto: Consultar no Boletin de asistencia adxunto
Destinatarios: Abertas a todo o público. Teñen recoñecido un crédito de libre configuración
Descripción da Xornada: O sábado 28 de maio estará con nós Marcial Gondar, Catedrático de Antropoloxía Social na Universidade de Santiago, é membro da Sección de Etnografía doInstituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e mais do Patronato do Museo do Pobo Galego, falaranos da Santa Compaña. A continuación será presentado un Video-Homenaxe ás Escolas Rurais, onde participan entre outros nenos e nenas do noso Concello, facendo de pequenos actores e actrices amosándonos a realidade que vivían as nosas xeracións anteriores no mundo das escolas no medio rural.
O ano pasado comezamos a traballar co tema da migración, e este ano queremos ir máis alá por un lado informando sobre os recursos asistenciais e xurídicos aos que poden recurrir as persoas inmigrantes e por outro ter unha fermosa conversa con persoas do noso concello que se viron obrigadas a emigrar e que hoxe están de novo entre nós. O día 4 teremos unha mañá adicada á saúde, por un lado o psicólogo Fernando Lino Vázquez, ilustraranos sobre a depresión nas persoas maiores e por outro lado falaremos dun tema aínda tabú na nosa sociedade como o da sexualidade, farase un percorrido da mesma desde a nenez ata a vellez . A tarde será adicada aos xogos populares e tradicionais onde nos gustaría contar con presencia de todos os centros educativos que queiran asistir, teremos un grupo de persoas voluntarias, xóvenes do noso Concello e outros limítrofes que ano tras ano colaboran con nós na organización desta actividade, haberá xogos para nenos/as e persoas adultas… ademáis dun obradoiro de xoguetes tradicionais onde Manuel García nos ensinará a facer diferentes xoguetes coas nosas mans (dicir que o ano pasado foi un éxito). Por último, o día 11 de xuño viaxaremos a Friol, polo que aquí sí é imprescindible anotarse para poder alquilar bus, comida… A partir de aquí, clausuraríanse as Xornadas deste ano…. e algúns xa empezaremos coas do ano que ven… A inscrición ás Xornadas é gratuita e aberta no senso de que poden vir a unha soa das actividades ou a todas. Lembrar que teñen recoñecido un crédito de libre configuración. Desexamos que estas VII Xornadas sexan do voso interese e agradecémosvos de antemán a súa difusión entre os vosos contactos.