Programa de mediadores interculturais
Hoxe por hoxe, a chegada de inmigrantes a Galicia aparece como unha tarefa á que tanto a Administración como as entidades da sociedad civil teñen que dar resposta en aras de previr os problemas que a súa situación de necesidade ou de dificultade de integración puideran xerar senón se arbitran as medidas compensadoras necesarias.
Unha destas medidas é a construcción dun corpo de mediadores interculturais que se responsabilicen do acompañamento na inserción dos inmigrantes. Esta labor de acompañamento debe iniciarse unha vez xurde a demanda do interesado, a través dos servicios sociais da comunidade autónoma e levarse a cabo a través de poñer en práctica todo un programa individualizado que conteña diversos itinerarios en función das necesidades básicas a cubrir e que poden ir dende a información de a onde dirixir as súas demandas ata o acompañamento para salvar circunstancias nas que na súa orixe ou pola súa formación nunca lle foron requeridas.
Nesta labor especializada deben implicarse profesionais coñecedores das dinámicas administrativas e sociais cunha boa base en programación educativa, posto que un dos piares da cultura é a educación e as súas diversas formas de ser transmitida. Ademais de que hai un bon número de inmigrantes que aínda que cheguen, en primeira instancia, sós, teñen intención de proceder no máis curto prazo posible á reagrupación familiar, o que conleva, na mayoría dos casos, a chegada dos seus fillos, e con ello a implicación de procesos de educación escolar, e de regularización plena na vida da comunidad, para os que os pedagogos son os profesionais máis idóneos.
Para atender estas demandas, haberá que formar a estes profesionais nas culturas de origen, que, aínda que en ocasiones compartan lengua ou símbolos culturais próximos (relixión, acerbo histórico, etc.), teñen tamén diferencias que deber ser coñecidas en detalle, posto que o feito de obvialas pode crear conflictos comprometedores para a harmonía intercultural.
A Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia pode crear e avalar as figuras dos mediadores interculturais a través de facultar ós seus socios nos instrumentos necesarios para realizar unha especialización idónea para a formación das persoas inmigrantes, movilizar dinámicas dentro dos colectivos de inmigrantes e crear lazos de axuste entre a sociedad galega e os seus novos individuos, de modo que se acade unha sintonía transmisora do intercambio cultural e de plena integración na comunidade.
Poboación á que vai dirixido o programa:
A poboación á que vai destinado o programa está formada por
- Persoas extranxeiras, interesadas en participar en procesos de mediación.
- Profesionais da intervención con inmigrantes.
- Asociacións de e/ou para inmigrantes que desexan constituirse legalmente ou amplia-la súa formación respecto á inmigración.
- Poboación en xeral.
Obxectivos básicos dos mediadores interculturais
Serán obxectivos básicos dos mediadores interculturais:
- Coñecer e comprender os procesos históricos e os contextos socioculturais nos que se desenvolven as vidas dos diferentes grupos sociais e minorías étnicas que conforman a nova realidade de Galicia.
- Analiza-la diversidade dende unha perspectiva global, é dicir, como resultado da interacción de dimensións culturais, económicas, políticas, ecolóxicas, de xénero, étnicas, territoriais, lingüísticas…
- Formar en valores e actitudes interculturais que favorezan a convivencia nunha sociedade plural e posibiliten unha visión crítica da organización, relacións, contidos e formas de transmisión cultural para superar posturas etnocéntricas, racistas, clasistas e sexistas.
- Valorar a interculturalidade como un dereito dos distintos grupos sociais e minorías étnicas nos países democráticos, basado en criterios de xustiza e equidade.
- Formar ós destinatarios do programa no deseño de pautas de intervención que permitan a superación das desigualdades dos grupos que se atopan en situacións sociais e culturais desfavorecidas.
- Favorece-la realización de accións de adecuación e normalización tanto globais como individuais dirixidas ás persoas e ós colectivos dentro do seu contexto.
Fases de constitución do programa
Os pasos para dar lugar a este elenco de mediadores interculturais serán:
- Selección: Seleccionarare un grupo de mozos profesionais coas capacidades adecuadas para cumprir con esta labor (empatia, capacidad de iniciativa, tolerancia ó fracaso, etc.).
- Formación: A través dos servizos de formación da Xunta de Galicia para parados (Plan FIP ou FSE) realizarare un curso de formación con titulación homologada e con compromiso de contratación. O curso será impartido por profesionais da asociación con formación específica nos temas a abordar.
- Contratación: Unha vez concluida á formación, dos 15 profesionais formados, e trala avaliación obxectiva das súas capacidades personais e do aproveitamento do curso contratarase a 9 persoas (60% do grupo), baixo a expectativa de integralos dentro do Programa Labora da Xunta de Galicia, quen asumirá parte dos custos da súa contratación
- Lista de agarda: Co resto dos participantes na formación elaborarase unha lista de agarda.
- Cheque asistencial ó inmigrante: A Consellería de Emigración, a través da Dirección Xeral de Apoio á Inmigración, comprometerase a poñer en marcha un programa de cheques pagadeiros ós mediadores interculturais por elaborar e seguir os itinerarios individualizados dos inmigrantes que soliciten a sía asistencia a través dos servizos de atención da citada consellería. Estes cheques poderanse valorar ben en termos de horas de dedicadas a dar resposta ás necesidades dos inmigrantes, consignándolle así un tope a partir do cal o labor do mediador deberá ser valorada por este para cobra-los seus servizos ó seu cliente. Tamén poderase valorar o cheque en función das tarefas a realizar (información, acompañamento, desplazamento, etc.). Esta misión poderase encargar ós mediadores que teñen quedado na lista de agarda, ou ben abrirase un novo ciclo formativo para dispoñer dun novo persoal que se encargue de cumplila.
- Creación de asociacionismo dentro da inmigración: Por outra parte, o mediador intercultural servirá de contacto para aqueles extranxeiros que se queiran asociar e proveerse eles mesmos dunha certa autonomía en canto a dar información ós recién chegados ou ós socios que así o soliciten.
Actividades
Outra das tarefas dos mediadores interculturais será a de posibilitar a integración das persoas das zoas nas que residan estes inmigrantes en actos culturais, deportivos, benéficos ou de otra índole que dende os colectivos inmigrantes se realicen, a fin de potenciar a inteculturalidade, e unha mellor adaptación convivencial entre as dúas poblacións.
Nas actividades e programas sociais poderán participar a Administración, as asociacións de inmigrantes, ONG’s, etc.
Así tamén, cando a homoxeneidade da orientación así o propicie, os mediadores poderán formar grupos coa fin de minimizar as súas tarefas e incrementa-los coñecementos que lles poden aportar xa sexa pola súa propia interacción ou por minimizar os gastos en desplazamentos, material, etc.
Os cursos a impartir ós grupos de inmigrantes, serán, dentro deste programa:
- De carácter gratuito para os beneficiarios, tendo para a Dirección Xeral de Apoio á Inmigración un custo tasado en función do número de horas e dos participantes, que nunca poderá ser inferior dun número estipulado por convenio.
- Cíclicamente e en función da demanda existente, farase un curso de información básica ó que deberán acudir tódolos solicitantes de atención nos servicios da Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.
- O material didáctico de tódolos cursos e actividades será costeado pola Administración.
Responsable:
Programa promovido pola Consellería de Emigración, a través da Dirección Xeral de Apoio á Inmigración e xestionado pola Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia. APEGA porá unha persona que coordinará as demandas dos inmigrantes e que dara información exhaustiva da evolución do programa cando sexa requerida pola Consellería
Outros cursos
Ademáis dos cursos de formación inicial para acceder ó posto de mediadores interculturais, poderanse ir engadindo outros cursos especializados nalgunas tarefas concretas, como poden ser:
- Curso especializado en mediación socioeducativa (no ámbito escolar e familiar).
- Curso de intervención social con menores extranxeiros non acompañados.
- Taller de xestión de asociacións.
De todos estes cursos emitirase un certificado acreditativo pola Consellería de Emigración e pola APEGA.
La atenciуn de la salud es suntuosa, y ciertos pacientes no pueden obtener medicinas que necesitan. Algunos remedios se utilizan para prevenir las infecciones de odo en personas con sistemas inmunolуgicos dbiles causados ??por enfermedades como el SIDA. As que es importante hablar de azitromicina vademecum. їEs posible prevenir la DE? Kamagra es un medicamento recetado usado para tratar la inhabilidad de obtener o mantener una erecciуn. Nuestro artculo cuenta m’s sobre la evaluaciуn de la disfunciуn erctil y . El asunto m’s importante que usted necesita buscar es . Varias prescripciones bien conocidas pueden significar vomitar con su orgasmo. En segundo lugar Kamagra tambin lata usarse para tratar otra queja segn lo determine su farmacutico.