Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as.
Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as do último curso de primaria e de primeiro da ESO. (Porto Do Son)
Descrición do curso:
- Obxectivos:
- Facilitar información veraz sobre as drogas. Consumo e consecuencias. Uso e abuso.
- Recoñecer as estratexias publicitarias para promover actitudes favorables ao consumo de alcohol e tabaco e fomentar unha postura crítica ante estas mensaxes
- Asistentes: Mozos/as do último curso de primaria e de primeiro da ESO. Grupos de 40 participantes como máximo
- Metodoloxía:
Cada sesión dura unha hora lectiva aproximadamente.
Cada tema consta dos seguintes apartados:
- Base teórica de referencia: breve resumo da teoría do tema
- Material de apoio
- Dinámicas
- Avaliación da sesión
Tentouse en todo momento de fomentar a participación dos integrantes dos grupos para facer unhas sesións activas e dinámicas.
- Material:
- Sala adaptada ás dimensións do grupo con cadeiras postas en semicírculo.
- Encerado e rotuladores
- Proxector con PC
- Temporalización: 2 sesións de unha hora cada unha por cada grupo (3 grupos). A frecuencia é semanal.
- Profesorado:
- María Besada Montenegro: Pedagoga. Coordinadora do Centro de día de Atención o menor Alborada.
- Angeles Montero Gómez. Educadora Social. Coordinadora do Proxecto Creative de ACLAD ALBORADA