Dixitalización da Escola e Edixgal
Este informe recolle os resultados do estudo de enquisa levado a cabo por ANPAS GALEGAS durante o curso 23-24 co que pretendía dar voz ás familias dos centros escolares públicos ga-legos sobre un tema de enorme transcendencia na formación dos/as menores: o emprego de recursos educativos dixitais nos procesos de ensino-aprendizaxe, e, en estreita conexión, o proxecto Educación dixital -E-DIXGAL- a aposta da Administración educativa galega para a in-corporación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na actividade educativa. Un plan -EDIXGAL- que sempre xerou controversia, pero ademais arredor do que existe desde hai tempo un importante malestar na comunidade educativa, e sobre o que a administración nunca informou da súa valía real.