José Manuel Suárez: “Non se lle debe dar un móbil a un neno antes dos 10 anos”
Hoxe no tempo da Entrevista falamos da complexa relación da infancia cos móbiles e tabletas con José Manuel Suárez, presidente da Asociación de Pedagogos.
- Nenos, móbiles e tabletas
“Máis que complexa é unha interacción necesaria e na que todas as partes se teñen que acostumar a tela: os pais, os nenos, na escola…”.
“A desorde parte de que a tableta foi un instrumento de xogo, non educativo. O rapaz interacciona coa tableta de forma divertida e non educativa. O rapaz ten que habituarse a deixar de facer xogos na tableta e comezar a ter recursos educativos que poida empregar no tempo de ocio”.
- As tecnoloxías como agasallos de Nadal
“O neno ten que ter unha interacción dinámica cos demais, expresar xa unha socialización, se quere ter un móbil ou tableta. Isto pasa a partir dos sete anos, cando o neno xa entende as normas ou as relacións cos demais”.
“Non nos debe dar preguiza introducirnos no mundo dos nenos ou restrinxirlle a tableta ou o móbil nuns determinados momentos”.
“Un móbil a un neno pequeno antes dos 10 anos non se lle debe dar, polo control do pai sobre o neno. Nós somos os que estamos educando, non son os nenos os que nos educan a nós”.
“Para facer a carta aos Reis Magos deben poñerse un límite de agasallos. Os pais teñen que facer que apareza no momento de abrir os agasallos un xoguete non pedido, como unha peza de roupa, para dicirlle ao neno, ti non só tes que xogar, senón tamén cumprir moitas outras necesidades”.
“Se temos fillos temos que intentar aprender e adquirir unha boa relación con eles para saber en que contornas se manexan. O rapaz pasou de ser un fillo a ser cas eun obxecto idealizado, para pasar ao compoñente de vida”.
Fuente: CRTVG