Xoguetes que falen galego
Un boneco que fale galego, un cómic traducido ou un xogo interactivo plurilingüe reportan vantaxes para facilitar a aprendizaxe da lingua, polo que o presidente da Asociación de Pedagogos da Galiza, José Manuel Suárez, suxire aos empresarios que deixen os prexuízos e fabriquen xoguetes que falen galego.
"Os nenos non nacen cun disco duro, poden falar diferentes idiomas nas distintas situacións da súa vida", precisou Suárez, quen engadiu que "os nenos se adaptan" e "aprenden doado".