Quen protexe á infancia dos anuncios?
Os nenos e nenas viven, en moitos casos, sobreprotexidos. De todo? De todo, non. A publicidade e o seu código de valores aféctalles tanto ou máis que a escola e a educación familiar.
“Os nenos non perciben máis aló da realidade concreta e cren todo o que se lles di. Son esponxas e imitan todo o que ven”, afirma Xosé Manuel Suárez, presidente da Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia, Apega, que comenta a fraxilidade na que se atopan os menores cando están fronte ao televisor.