Política Lingüística lanza unha campaña de recomendacións para apostar polo galego nos regalos
Un boneco que fale galego, un cómic traducido ou un xogo interactivo plurilingüe constitúen ferramentas "importantes" e que reportan "vantaxes" para facilitar a aprendizaxe da lingua e o seu uso, polo que o presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, Xosé Manuel Suárez, suxire aos empresarios que deixen os "prexuízos" e fabriquen xoguetes que falen galego. "Os nenos non nacen cun disco duro, poden falar diferentes idiomas nas distintas situacións da súa vida", precisa Suárez e engade "os nenos adáptanse" e "aprenden facilmente". Ao respecto, asegurou que os xoguetes "son un condicionante" a maiores na aprendizaxe, e de aí que teña "toda a importancia do mundo" que esta ferramenta se presente tamén en lingua galega para "aproveitar os recursos".