Cómpre formar pedagogos para o tempo de ocio dos nosos maiores
José Manuel Suárez Sandomingo
"Non teñen por que saír da facultade e entrar a traballar nunha escola". Esa é a idea que a Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (Apega) lles transmitirá ós profesionais que hoxe e máis mañá se reúnen en Pontevedra nas Xornadas de Ocio e Tempo Libre. A homologación de títulos, a atracción de profesionais e a apertura a novos sectores, como a terceira idade, son os temas que centrarán gran parte das xornadas. José Manuel Suárez, presidente da Apega, pedagogo e técnico en Servizos Sociais da Secretaría Xeral de Benestar, defende a potencialidade de Galicia máis alá dos campamentos de verán, de praia e sol: cómpre especializar os pedagogos nas actividades de ocio dos nosos maiores, asegura. O programa das xornadas e máis información en www.apega.org.