PREPARA UNHA OPOSICIÓN
Unha posibilidade máis para acceder a un emprego por conta allea é optar polo emprego público. É outra alternativa, ademáis con futuro, xa que sacar unha oposición garantiza un traballo de por vida. Hai academias que te preparan, no senso de que che dan un posible temario e realizan exames parecidos ós que despois realizaremos na oposición.
A decisión de opositar, traballar para un mesmo ou para unha empresa privada é unha tarefa difícil que se ve influida por múltiples factores: tradición familiar, situación económica, vocación, situación do mercado de traballo, desexo de seguridade laboral e, sobre todo, a personalidade do opositor que lle leva a valorar máis un posto de traballo estable, pero menos remunerado, que outro máis incerto ainda que con maiores posibilidades de logro económico.
Preparar oposicións para lograr un emprego público é unha seria opción laboral que merece terse en consideración.
A Administración Pública xenera oportunidades de emprego a través da convocatoria de oposicións para o corpo de funcionarios ou contratacións laborais, en cada un dos seus niveis:
- A Administración Central (España).
- A Administración Autonómica (Comunidades Autónomas)
- A Administración Local (Concellos, Mancomunidades…).
- A Administración Pública admite dous tipos de persoal: Funcionario e Persoal Laboral.
En función da titulación requerida para o ingreso en cada corpo ou escala da Administración os funcionarios poden pertencer a un dos siguintes grupos:
- Grupo A: Licenciados Universitarios
- Grupo B: Diplomados Universitarios.
- Grupo C: Bacharelato.
- Grupo D: Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
- Grupo E: Certificado de Escolaridade.
Os criterios selectivos para obter plaza fixa na Administración son os seguintes:
- Concurso de méritos.
- Oposición.
- Concurso-Oposición.
Se o interesado duda en preparar ou non as oposicións quizás lle conveña meditar sobre os aspectos positivos e negativos de acceder á función pública:
Ventaxas
-
Estabilidade no emprego.
-
Horario establecido.
-
Maior número de días de vacacións.
-
Maior flexibilidade para elexir o mes de vacacións.
-
Maior flexibilidade para xustificar as faltas de asistencia ó traballo por doenza leve.
-
O control do xefe é menos agobiante.
-
Maiores posibilidades de movilidade xeográfica voluntaria.
-
O exercicio dos dereitos laborais e constitucionais queda garantizado.
-
Menor competitividade entre os compañeiros.
Inconvintes
-
Soldo non tan elevado como na empresa privada.
-
Servicios extraordinarios deficientemente valorados.
-
Poucas posibilidades de promoción.
-
Pouca valoración do traballo desenvolvido.
-
Capacidade de decisión definida polo posto de traballo ocupado.
-
Poucas ou nulas axudas sociais.
-
O traballo pode acabar sendo monótono e aburrido.
-
Mala imaxe social.
Elementos recomendables para un bó opositor
-
Cumplir cos requisitos legais.: ser maior de idade, español, ter a titulación requerida, non ser separado mediante expediente disciplinario das administracións públicas nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
-
Motivación.
-
Dispoñer do tempo necesario.
-
Dominar as técnicas axeitadas para sacar o maior rendemento co mínimo esforzo.
Máis Información
- Centro de Información Administrativa: Teléfono 91 5861400. Luns a venres 9:00 a 21:00 e sábado de 9:00 a 14:00.
- Boletíns Oficiais: BOE, DOGA, BOP, etc
- Ligazóns Oposicións: