ENTREVISTA DE TRABALLO
RECOMENDACIÓNS PARA ACUDIR A UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO
Aspectos a ter en conta antes da entrevista:
- O cv debe ser conciso, directo e claro
- Ser cuidadoso/a á hora de enviar o cv ( papel, a ordenador, foto en color orixinal, etc)
- Seguir cuidadosamente as instruccións dos anuncios de ofertas de emprego (a fase previa non é un momento para a creatividade)
- Preparación sobre a empresa (mostrar interese pola compañía antes de entrar nela)
- Non chegar nin demasiado pronto nin tarde. (Ser puntual é enormemente importante)
- Centrarse na empresa e no posto de traballo (analizar por qué podes aportar valor e por qué encaixas na empresa)
Aspectos a ter en conta durante a entrevista:
- Non falar demasiado.
- Non parecer demasiado arrogante.
- Non criticar a empresa anterior.
- Ser sincero/a, non mentir.
- Demostrar profesionalidade.
- Vestirse axeitadamente.
- Acudir só.
- Mostrar dotes de liderato.
- Non aceptar tabaco nin ningunha bebida.
Aspectos a ter en conta despois da entrevista:
- Non presionar en exceso.
- Estar cualificado/a.
- Pedir un soldo axeitado (é importante informarse previamente do que cobran os traballadores da empresa)
QUE CONTESTAR NUNHA ENTREVISTA DE TRABALLO
Ante a falta de formación:
- Transmite que sempre te preocupas por estar informado/a e ó día, ademais de insistir en que non paraches de formarte.
- Debes defender que tamén tes coñecementos adquiridos a través da experiencia.
- Ante unha experiencia curta:
- Debes destaca-lo teu desexo de poder aplicar o que sabes á súa empresa.
Se levas tempo no paro:
- Estar no paro non quere decir estar inactivo. Fixeche cursos e “traballiños” sen contrato,… Remarca o feito de que queres ter un lugar de traballo estable e que a súa empresa é a que máis che interesa.
Idade:
- Se eres máis ben maior destaca a madurez, responsabilidade, experiencia,…
- Se eres unha persoa xoven, destaca o teu empuxe, as ganas de traballar, o feito de non ter hábitos aprendidos noutras empresas,…
Muller casada e con fillos:
- Destacar a responsabilidade “extra”. O teu rendemento, dedicación, dispoñibilidade, … non se verán afectados, o tes todo moi organizado.
Se eres solteiro/a:
- Destaca a plena dispoñibilidade e dedicación ó traballo. Autonomía.
¿Por qué te presentache a esta oferta?
- Conoces a empresa, o sector e sempre foi o teu obxetivo. Buscas unha mellora profesional.
¿Por qué desexas traballar nesta empresa?
- É necesario que coñezas a empresa e o sector, os servicios ou os productos que ofrece, … e relacionalo cos teus intereses profesionais…
¿Qué soldo querrías gañar?
- O máis importante é o posto de traballo e as persoas que traballan. Debes informarte do soldo medio para o teu posto de traballo. Non debes ofrecerte nunca polo soldo que sexa.
¿Saberás facer frente ás situacións de urxencia ou tensión?
- Destaca que te sintes capaz, pero insiste en que valoras a planificación e a organización do traballo para evita-las.
¿Por qué deixaches o teu último traballo?
- Queres aprender máis. Non había posibilidades de promoción.
- Desplazamentos excesivamente longos. O salario era demasiado baixo en relación as tarefas e responsabilidades. Non ofrecía estabilidade laboral. Prestixio desta nova empresa.
¿Qué che gusta facer no teu tempo libre?
- Mostra que eres unha persoa activa.
- Si: deportes de resistencia, actividades de axuda ós demais, actividades creativas, …
- Non: algunhas actividades “sedentarias”, por exemplo mirar a tv.
¿Cál é o teu punto máis débil?
- Dar unha resposta xeral que se relacione con algún aspecto positivo ou que sexa fácilmente superable en relación ó traballo, como por exemplo ser perfeccionista.
¿Cál é o teu punto máis forte?
- Seguridade e confianza nun mesmo, capacidade de adaptación e para tratar con temas ou persoas difíciles, facilidade para aprender e adaptarse ás novas responsabilidades.
OUTRAS PREGUNTAS FRECUENTES PARA AS QUE DEBES TER PREPARADA UNHA RESPOSTA
Autocoñecemento:
- ¿Qué feitos consideras que foron decisivos na tua vida para a configuración da túa personalidade?
- ¿Cál foi a etapa máis importante da túa vida?
- ¿Cál é o problema social/político que máis che preocupa?
- ¿Qué obxetivos ou metas tes na vida, a curto ou largo plazo?
- Se poideras escoller unha profesión, independentemente do feito de gañar a vida, ¿cál escollerías?
- ¿Cáles serían as condicións óptimas para consegui-la plena satisfacción laboral?
- ¿Qué fas cando te aburres?
- ¿Cál é o libro que máis che impresionou?
Formación:
- ¿Cáles eran os teus primeiros proxectos cando rematache-los estudios?
- ¿Qué materia che gustaba máis/menos?
- ¿Volverías a estudiar o mesmo?
- ¿Pensas continuar estudiando? ¿Qué?
- ¿Qué formación pensas que necesitas para sentirte plenamente realizado profesionalmente?
Experiencia profesional:
- ¿Qué esperas deste traballo?
- ¿Cómo entraches a traballar nas diferentes empresas nas que estiveches?
- ¿Qué obxetivos laborais tiñas/tes que cubrir no teu posto de traballo?
- ¿Cómo ves o teu futuro profesional?
- ¿Por qué temos que contratarte?
- ¿Cómo che gustaría que fora o teu xefe: paternalista, autoritario, demócrata, que che deixe facer?
ENLACES DE INTERESE