CURRICULUM VITAE
O CV é o mellor instrumento de marketing co que todos contamos á hora de buscar emprego.
Non serve para conseguir unha oferta de traballo. Só serve para conseguir unha entrevista.
Está pensado cunha sóa finalidade, conseguir atrae-la atención da persoa que actúa como seleccionador para poder optar a unha entrevista persoal.
Debe ser claro e preciso, ben estructurado e conciso, debe expone-los nosos obxetivos profesionais e resalta-la experiencia e os éxitos logrados.
Estructura:
- Encabezamento: pode ir no centro ou á esquerda, no marxe superior. Debes poñe-lo teu nome, dous apelidos completos, dirección, número de teléfono e e-mail.
- Obxetivo profesional: o posto ó que optas e o sector no que queres desempeñalo.
- Perfil: éste é un dato opcional que amplia o teu obxetivo profesional. Trátase dunha moi breve síntese dos logros e destrezas desenvoltos para poder acceder ó posto desexado.
- Datos académicos: a súa importancia con respecto ó lugar que debe ocupar con respecto ó CV e o grado de especificidade, será inversamente proporcional á experiencia profesional. A formación académica pode aparecer en orde cronolóxico en relación á data da súa realización ou en orde á súa finalización. Un dato moi importante é o nome das Universidades onde cursáche-los estudios.
- Formación complementaria: formación non reglada relacionada co posto ó que optas. Tamén se especificará o centro de estudios, a data e a localidade.
- Idiomas: debes indicar de maneira precisa os idiomas que tes e o grado de coñecemento de cada un deles. Indica tamén se pasaches algún tempo no extranxeiro aprendendoo ou perfeccionando.
- Informática: indicarase o nivel e os programas coñecidos.
- Experiencia profesional: reflexaremos as experiencias de verdadeiro contido profesional ou prácticas en empresas. Indicarase o nome da empresa, data, posto ocupado, labores desempeñadas, persoas ó seu cargo, proxectos, … se non tes experiencia podes incluir as prácticas e os traballos temporais. Tampouco está de máis facer referencia a empregos remunerados ou voluntarios non relacionados coa carreira. Pero non hai que incluilos no apartado de experiencia senón no de outros datos de interese.
- Outros datos de interese: neste apartado pódese facer referencia a cuestións como:
- Organizacións ás que pertences.
- Publicación de artículos
- Impartición de conferencias
- Datos persoais: son imprescindibles, podes inclui-los ó principio ou ó final do CV. Debes indicar: data de nacemento, nacionalidade, estado civil, carnet de conducir, etc
Regras de ouro para un bo CV:
- Unha páxina.
- Non usar dúas palabras para decir o que podes decir en unha.
- Non escribir frases inútiles que non aportan nada.
- Evita frases feitas e redundantes.
- Expresa unha idea en cada frase.
- Utiliza palabras, frases e parágrafos curtos.
- Reflicte no CV que contas coas esixencias do posto de traballo.
- CV debe enviarse sempre en orixinal.
- Non debes incluir fotografía a non ser que o pidan expresamente. A foto debe ser tamaño carnet e recente.
- Elixe un papel de boa calidade.
- Debe ir escrito en ordeador. Escribeo a man cando o soliciten expresamente.
- CV debe escribirse en primeira persoa.
- Un bon CV debe estar ben estructurado.
- Non cometer faltas de ortografía.
- Nunca firmes un CV.
- Non grapar as follas.
- Destaca as túas cualidades, pero non mintas nunca.
- Envío de anexos ó CV (copias de certificados, diplomas, etc…) debes restrinxilos a aqueles casos nos que expresamente o soliciten.
Tipos de CV:
CV Cronolóxico: preséntase a información partindo do máis antigo ó máis recente e ten a ventaxa de resalta-la evolución seguida. Pon de manifesto a estabilidade e a evolución ascendente da túa carreira
CV Cronolóxico inverso: consiste en comezar polos datos máis recentes. Ten a ventaxa de resalta-las túas últimas experiencias, que son as que máis lle interesan ás persoas susceptibles de contratarte.
CV Funcional: a disposición dos datos realízase en función das habilidades e das experiencias que teñas. Permite seleccionar os puntos positivos, os traballos e funcións acordes co posto de traballo que solicitas, e os teus logros. A redacción é narrativa.
Podes descargar exemplos de Curriculums Vitae no seguinte enlace. Exemplos