Convenio firmado con la UNED
O 18 de decembro do 2007, APEGA asinou un convenio de colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en virtude do calámbalas dúas partes se comprometen a realización de prácticas por parte dos alumnos dos últimos cursos das Facultades, Escolas Universitarias e Centros Adscritos a esa Universidade.
A base deste convenio radica no enriquecemento e as aportacións que poidan recibir mutuamente ámbalas dúas partes implicadas: os alumnos e a propia Asociación.
A duración do período de prácticas que deben estar por debaixo das 500 horas.Na actualidade, APEGA ten convocada unha praza para o seu Gabinete de Prensa e outra para a súa Área de Informática, caracterizadas, en ámbolos dous casos, pola flexibilidade coa que contan o/as alumno/as para levar acabo as funcións que se lles asignan. En vindeiras convocatorias, a Asociación pensa abri-las súas portas a estudantes universitarios vinculados a outros campos e que desexen manter experiencias dentro dos seus ámbitos de actuación.