Conversas colexiais con José Manuel Freire
JOSÉ MANUEL FREIRE PIÑEIRO. Nº colexiado #EFD 56.328
Nesta ocasión imos conversar, con José Manuel Freire Piñeiro, compañeiro que acaba de participar na creación da Asociación Galega de Pickleball, tentando promocionar esta actividade.
(CG) Cóntanos, en que consiste o Pickleball e a quen vai dirixido?
O Pickleball é un deporte de pala que se practica nunha cancha de 6,13 por 13,41 metros, cunha pelota perforada e cunha rede similar á de tenis. Trátase dun deporte que mezcla aspectos do tenis, padel e bádminton. Quero destacar o seu maior atractivo: é unha modalidade deportiva INCLUSIVA, INTERXENERACIONAL e de CONCILIACIÓN FAMILIAR, de fácil aprendizaxe e con mínimo nivel de frustración e escaso risco de lesións.
(CG) En que estructura e recursos se apoia esta modalidade, tanto a nivel autonómico como estatal?
Esta modalidade deportiva incipiente aínda se está desenvolvendo a nivel nacional e, xa que logo, tamén a nivel autonómico. Practicar o pickleball precisa un mínimo gasto, xa que non precisa una pista especial: somente un espazo aproximado de 9 x 18 metros para xogar na cancha con certa seguridade, cun chan duro para que a pelota bote, unha rede portatil que apenas supera os 100 euros de custe e unhas palas que poden variar de precio en función da calidade das mesmas, custando as mais económicas 15 euros, incluindo pelotas. De momento en Galicia apenas temos inversión en infraestructuras para a práctica deste deporte, salvo a pista construida recentemente polo Concello de Soutomaior. Pero a nivel España, están incrementándose de forma considerable e moi pronto a demanda de máis infraestructuras será imprescindible pola altísima demanda que xurdirá.
(CG) En liñas xerais, en canto a competencias motrices, en que se diferencia doutros deportes de raqueta, por exemplo do tenis, pádel, ou do bádminton?
E un deporte que axuda a manterse en forma, mellorando aspectos motóricos, anatómicos, fisiolóxigos, socias, intelectuais, psíquicos, axilidade, reflexos, coordinación, velocidade de reacción, equilibrio, etc.
Xogado a alto nivel esixe unha moi boa preparación física e un estado de forma moi alto.
(CG) Se quixéramos iniciarnos na súa práctica, onde podemos atopar algún recurso didáctico ou de adestramento desta modalide?
Para iniciarse nesta modalidade deportiva, calquera interesado/a pode poñerse en contacto coa Asociación de Pickleball de Galicia-APIGA, que é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro que pretende promocionar a práctica do PICKLEBALL na nosa Comunidade.
Recursos didácticos para iniciarse nesta modalidade deportiva poden atoparse consultando con APIGA, Asociación Nacional de Pickleball, Asociación Madrileña de Pickleball, Asociación Andaluza de Pickleball,……. Ademais da múltiple información que podemos atopar a través das diferentes páxinas web.
(CG) Cal é hoxe a túa relación actual con esta modalidade e como agardas que vaia evolucionando?
Un grupo de monitores titulados de Pickleball creamos unha asociación de ámbito galego, Asociación de Pickleball de Galicia-APIGA, sendo eu membro da Xunta Directiva da mesma, convencidos de que é unha modalidade deportiva cun gran recorrido que pronto vai impoñerse en Galicia como antes o fixo en Madrid, Andalucía e resto de España, esperando introducila nos centros de ensino como parte do curriculo de Educación Física e como actividade extraescolar, ademais de centros de educación especial, sociedades deportivas, escolas municipais, clubes deportivos,centros de terceira idade, etc. Debemos lembrar que incluso pode xogarse en cadeira de rodas e é apropiado para persoas con movilidade reducida, con discapacidades físicas e intelectuais.
Engadir que esta modalidade deportiva precisa de apoios institucionais para que a sua difusión sexa rápida e pronto estea extendida por toda a nosa comunidade por tratarse dun deporte totalmente inclusivo, interxeneracional, doado de aprender, social e comprometido, competitivo, retador, aditivo e moi saudable.