TRABALLA POLA TÚA CONTA
O utoemprego é unha alternativa de acceso a unha actividade profesional ou empresarial, apropiada para aqueles traballadores cun perfil dinámico e disposición para asumir riscos, que lles posibilita crear o seu propio posto de traballo con perspectivas de estabilidade no mesmo.
É posible desenvolver a nosa carreira profesional por conta propia ou nunha empresa que contrate os nosos servicios. Se te decides a ser o teu propio xefe, estos son algunos dos aspectos que debes ter en conta:
PRINCIPAIS FORMAS XURÍDICAS:
Empresario individual: autónomo, comunidade de bens e sociedade civil, fan a declaración do IRPF como rendimentos de actividades económicas.
As sociedades mercantís: (sociedade colectiva, sociedade de responsabilidade limitada, sociedade de responsabilidade limitada nova empresa, sociedade anónima, sociedade comanditaria por accións, sociedade comanditaria simple) e as sociedades mercantís especiais (sociedade limitada laboral, sociedade anónima laboral e sociedade cooperativa) que fan a declaración polo Imposto de Sociedades.
TRÁMITES PARA CREAR UNHA EMPRESA:
De constitución:
- Certificación negativa do nome: acredita que o nome elexido pola sociedade non coincide co de outra xa existente. Lévase a cabo no Rexistro Mercantil.
- Calificación para a sociedade anónima laboral e cooperativas: é a calificación dos estatutos e lévase a cabo nos rexistros de cooperativas e sociedades laborais das comunidades autónomas.
- Escritura pública: acto polo que os socios fundadores proceden á constitución da sociedade. Faise ante notario.
- Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados: grava a constitución da sociedade (1% do capital social). Lévase a cabo na consellería de Facenda.
- Código de identificación fiscal: na delegación de Facenda.
- Rexistros: as sociedades mercantís lévano a cabo no rexistro mercantil provincial; as sociedades laborais, no rexistro de sociedades laborais da comunidade autónoma ou no rexistro do Ministerio, se é a nivel nacional; as cooperativas, no Rexistro de Cooperativas.
De posta en marcha:
- En Facenda:
→ Alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE)
→ Declaración censal.
→ Libros de Facenda (empresarios individuais e profesionais)
- No Ministerio de Traballo e na Seguridade Social:
→ Inscripción da empresa na Seguridad Social. Téñeno que facer os empresarios que vaian a contratar traballadores na Tesorería da Seguridade Social correspondente.
→ Alta no réximen de autónomos. Imprescindible en empresarios individuais, comunidades de bens e sociedades.
→ Alta no réxime xeral. Só para os traballadores por conta allea que vaia a contratar a empresa.
→ Comunicación de apertura do centro de traballo. Na Dirección Provincial de Traballo.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Creación de novas empresas: www.circe.es
- Cámaras de comercio: www.camaras.org
- Pequenas e medianas empresas: www.ipyme.org
- Fundación universidade-empresa: www.fue.es
- Ministerio de Traballo e Asuntos sociais: www.mtas.es