Historia dos dereitos da infancia
A Convención de Nova Iorque foi ratificada polo Parlamento Español o 6 de decembro de 1990 e entrou en vigor en España o 5 de xaneiro de 1991, formando parte, dende entón, do noso dereito positivo e sendo, polo tanto, de obrigado cumprimento.
En virtude do seu artigo 44, os Estados que a teñen ratificada adquiren a obriga de presentar informes periódicos sobre as medidas adoptadas para dar cumprimento ós dereitos recoñecidos nela ó Comité de Dereitos da Infancia de Nacións Unidas. A Comunidade autónoma de Galicia coopera, neste senso, transmitindo as súas aportacións ó informe final que España remite para a súa avaliación. [ Continúa … ]